A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1788
|
687
|
416
|
685
|
2921
|
2979
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1565
|
596
|
360
|
609
|
2489
|
2614
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
803
|
314
|
155
|
334
|
1457
|
1541
|
Última visita do Monte Louro ao Platas Reinoso na 12-13 |
O
primeiro domingo de novembro visita o Platas Reinoso a UD Monte
Louro, club fundado en 1981, e que disputa coa actual a súa 33ª
temporada, non todas consecutivas pois non competiu nas campañas
89-90, 90-91 e 10-11. Ocupa o posto 25º entre os clubs costeiros que
máis temporadas particiaron e o lugar 27º en canto a partidos
disputados. Desas 33 tempadas, 13 foron na 3ª Rexional/Autonómica e
as outras 20 na Liga da Costa; o que fai que nesta competición
figure como o 23º en canto a temporadas e o 25º no tocante a
partidos xogados. Non conta con ningún título nas súas vitrinas,
mais si co honorífico "farol vermello", que colleitou nada
menos que en oito ocasións, iso si, case todos nas súas primeiras
temporadas. Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento
actual:
U.D.
MONTE LOURO
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
843
|
260
|
154
|
429
|
1272
|
1721
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
561
|
123
|
102
|
336
|
679
|
1289
|
Nestes
anos que leva competindo esta vai ser a sexta vez que coinciden Baio
e Monte Louro no mesmo grupo, todas elas na Liga da Costa. A pesar de
fundarse o Monte Louro en 1981, o seu primeiro enfrontamento é
relativamente recente, pois data do 24 de setembro de 2006. Tivo
lugar no Platas Reinoso, e venceu pola mínima o cadro local, 2-1,
con dous goles de Martín.
Catro
temporadas coincidindo (desa 06-07 á 09-10), para chegar á última
campaña na que cadraron, que foi na 12-13. E foi casualmente nesta,
na súa xornada 4ª, cando o Monte Louro gañou no Platas Reinoso por
vez primeira, co resultado de 1-2; goles visitantes de Álvaro e
Ancho, e de Martín MC para os locais. Dos convocados naquel partido
por parte louresa tan só cinco continúan no plantel (Isma, Pedro,
Pablo, Raúl e Geiko).
As
estatísticas globais son realmente parellas, cunha mínima vantaxe
baiesa, que só na temporada 09-10 foi superior claramente ao seu
rival ao gañar 3-0 en Baio e 1-3 en Louro, mentres que as outras
vitorias foron sempre pola mínima. En canto aos partidos xogados no
Platas Reinoso, o Baio gañou tres deles, empatou o da temporada
08-09 (1-1) e perdeu o xa comentado da 12-13.
Enfrontamentos
Totais Liga
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
10
|
05
|
01
|
04
|
18
|
16
|
Xogados
en Baio
|
|||||
05
|
03
|
01
|
01
|
10
|
06
|
O
partido do domingo
A
UD Monte Louro preséntase nesta súa volta á Liga da Costa logo do
ascenso do ano pasado con 9 caras novas, moitas delas moi novas, como
as de Yeray (Dumbría xuvenil), Manu de Yi (Esteirana xuvenil) ou
Miguel (Os Miúdos xuvenil), mentres que recupera a xogadores que
abandonaran a práctica do fútbol federado (Isma ou Raúl) e do
Carnota chegan os veteranos José Ángel e Manolo da Chouza. Todos
eles comandados polo novo adestrador, Óscar Leis, que despois de
moitos anos no fútbol base do CF Dumbría colle un equipo de
afeccionados da Liga da Costa.
11 da UD Monte Louro no Pinguel [Foto: FB Ponteceso] |
Non
principiou con bo pé a súa andadura, cunha contundente derrota ante
o Corme (1-7), pero axiña se refixo e conseguiu gañar en Corcubión
(3-4) e despois ao Porteño (4-3); estivo a piques de sorprender ao
Cerqueda (3-2) e empatou co Laxe na casa (2-2), para despois caer
derrotado contra Baíñas, San Lorenzo e Ponteceso. A semana pasada,
no que din que foi o seu mellor partido, conseguiu gañarlle ao
Malpica por un claro 3-1. Ata 27 xogadores participaron xa de algún
minuto co Monte Louro esta temporada, varios deles xuvenís, o que
pode ser índice de que o adestrador aínda está buscando o equipo
base. Mais parece que algúns son fixos nas aliñacións, como é o
caso de Yeray, Abel, Raúl, David, José Ángel, Riki e Geiko, aos
que poderiamos sumar o porteiro Santi e o recentemente incorporado
Manolo da Chouza. Os xuvenís Juan de Celia e Adrián, e Isma, Pedro,
César ou Miguel tamén foron varias veces da partida.
O
Monte Louro figura na actualidade na 13ª posición, con 10 puntos,
empatado coa Esteirana e o Coristanco. Leva convertidos un total de
17 goles, o que fai que sexa o 5º máximo realizador da liga,
mentres que na súa contra encaixou 28 goles, dato que o coloca como
o equipo máis goleado, empatado co Porteño. Os seus goles
repártense fundamentalmente entre tres homes, pois Geiko suma 5, e
con cadanseus 4 están Riki e o xuvenil Juan de Celia.
O Baio, despois da vitoria
colleitada en Castriz, quere continuar na boa senda e seguir
presionando ao líder Corme. Non deberá confiarse e lembrar o
sucedido a última vez que xogaron no Platas Reinoso, pois o Monte
Louro conseguiu a vitoria a pesar de que esa temporada o Baio acabase
ascendendo e o Monte Louro descendendo. Tamén hai que ver como lles
afecta aos dous equipos o partido de Copa xogado entre semana e como
chegan fisicamente pois non están afeitos a xogar tres partidos
nunha semana. A solución o vindeiro domingo no Platas Reinoso.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.D.
BAIO – U.D. MONTE LOURO
Domingo
6 de novembro; 16:15 h.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Marcos Ordóñez Rodríguez (Preferente).
XUVENIL:
S.D. SOFÁN – C.D. BAIO
Principia
a segunda volta coa visita dos nosos xuvenís a Sofán, aínda que
nesta ocasión o partido vaise xogar no municipal das Eiroas. O cadro
carballés ocupa actualmente a 9ª posición do grupo, con cinco
puntos, conseguidos dunha vitoria e dous empates. Un deses empates
foi o colleitado na primeira volta en campo baiés, nun encontro no
que os locais andaban curtos de efectivos, e que lograron empatar nos
últimos minutos a pesar de contar cun xogador menos. Despois da
avultada derrota da semana pasada os baieses seguen na 6ª posición,
pero xa ameazados pola parte baixa. Esperemos que a nova volta sirva
para volver ao camiño dos triunfos e das alegrías, pois hai
calidade para logralos.
XUVENIL
(1ª Autonómica – Grupo 3º)
S.D.
SOFÁN – C.D. BAIO
Sábado
5 de novembro; 16:30 horas
Saída
de Baio ás 15:00 horas.
Campo:
As Eiroas (Bértoa-Carballo).
Árbitro:
Samuel Pardo Pose.
No hay comentarios:
Publicar un comentario