C. D. BAIO 2016-2017

C. D. BAIO 2016-2017

11 nov 2016

PREVIA DO CORISTANCO SD-CD BAIO


A Historia

C.D. BAIO
TOTAL LIGAS + COPAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1789
688
416
685
2926
2980
TOTAL LIGAS
1566
597
360
609
2494
2615
LIGA DA COSTA
804
315
155
334
1462
1542

Despois de 23 temporadas o CD Baio volve visitar o campo da Rocheira para xogar co Coristanco SD. Este é un escenario que xa pasou á historia do club baiés, pois nel conseguiu a súa primeira e de momento única Copa da Costa en 1983.
O Coristanco SD fundouse en 1980, e coa actual disputa a súa 37ª temporada, todas elas consecutivas. Ocupa o posto 16º entre os clubs costeiros que máis temporadas disputaron e o 17º en partidos xogados. Desas 37 campañas, 17 foron na 3ª Rexional/Autonómica e as outras 20 na Liga da Costa, o que o coloca na 23ª posición tanto no número de temporadas como no de partidos disputados. O seu maior éxito veu na temporada 86-87, na que se proclamou campión da Copa da Costa, na que era a súa segunda final (perdeu a da 82-83). Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o momento actual:

CORISTANCO S.D.
TOTAL LIGAS
P. X.
P. G.
P. E.
P. P.
G. F.
G. C.
1032
417
226
389
1859
1667
LIGA DA COSTA
576
211
129
236
963
1000

Desde que coincidiron na primeira temporada que se fundou o equipo bergantiñán, o Coristanco e o Baio competiron no mesmo grupo en sete campañas máis. A primeira vez que xogaron foi o 9 de novembro de 1980, no Balsiño, con vitoria coristanquesa (0-1), mentres que a primeira vez na Rocheira foi o 22 de febreiro de 1981, e tamén gañaron os da terra da pataca (2-1). Cadraron de novo nas dúas seguintes temporadas, pero o ascenso baiés ata a Preferente fixo que non coincidisen ata a 89-90. Aquí serán cinco as campañas seguidas nas que estiveron no mesmo grupo competicional, e destes dez enfrontamentos o Coristanco só gañou unha vez (0-4 no Platas Reinoso, na 92-93). As estatísticas son favorables ao conxunto baiés, pois gañou a metade dos seus enfrontamentos, e empatou un cuarto deles. E se nos atemos aos partidos xogados na Rocheira aínda son máis favorables ao Baio, pois gañou a metade, empatou tres e só perdeu na súa primeira visita. A última vez que o Baio pisou o campo da Rocheira na Liga da Costa foi o 30 de xaneiro de 1994, e acabou vencendo por 1-4.

Enfrontamentos Totais Liga
P. X.
P. G.
CD Baio
P. E.
P. P.
CD Baio
G. F.
CD Baio
G. C.
CD Baio
16
08
04
04
25
18
Xogados en Coristanco
08
04
03
01
13
08

O partido do domingo

O Coristanco SD continúa por segunda temporada consecutiva na Liga da Costa e faino cun equipo renovado, con xente nova procedente dos xuvenís, tanto dos propios, como doutros equipos veciños, como o Bergantiños (de aí viñeron Álvaro e Fabio) ou o propio Baio (do que procede Brandón). E para ocupar o posto máis problemático, como é a portería, chegaron Brais, que estaba sen xogar, e Rizos (do Outes). Todos eles, comandados polo seu novo adestrador, Alberto Pensado, que debuta na Liga da Costa, pero como xogador ten un amplo currículo, no que figura o seu paso polo CD Baio.
O Coristanco no seu partido ante o Ponteceso [FB Ponteceso]
A xuventude e a falta de acoplamento notouse no inicio da Liga, e perderon os cinco primeiros partidos, na casa con Cee, Corcubión e Cerqueda, e fóra con Corme e Porteño. Pero cambiou radicalmente o seu rumbo e agora leva outras cinco xornadas sen perder, con tres vitorias seguidas (en Laxe, co Baíñas e en Berdillo) e dous empates nos seus últimos enfrontamentos ante Ponteceso na Rocheira e Malpica na Pedra Queimada, ambos e dous co mesmo resultado (2-2). Eses números colócano na 13ª posición, con 11 puntos, con 16 goles a favor e 20 en contra. Ata 23 xogadores utilizou xa Pensado no que vai de liga, pero no once habitual figuran case sempre sete-oito fixos. Con Brais xa asentado na portería, Gustavo, Javi, Pazos, Marcos Corral e Jorge Lorenzo apenas teñen descanso; mentres que Fabio, Álex Mato e Iván tamén son case sempre da partida. Magovi tamén parece contar coa confianza do adestrador nas últimas xornadas, mentres que Jonathan, Álvaro, Damián, Añón e Gonzalo túrnanse na titularidade. O máximo goleador é Jorge Lorenzo, que suma 6 tantos, seguido por Gonzalo, Marcos Corral e Añón con 2.
O Baio, despois da vitoria ante o Monte Louro, visita un campo complicado polas reducidas dimensións e polo bo estado de ánimo do equipo local, logo do seu comezo dubitativo. Cinco xornadas sen perder, marcando 13 dos seus 16 goles, e só encaixando 6, falan ás claras da evidente mellora. Adoita dicirse que en campos coma este son onde os equipos punteiros perden as ligas, así que o conxunto baiés debe saír totalmente concentrado para non colleitar unha dolorosa derrota.

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 2º)
CORISTANCO S.D. - C.D. BAIO
Domingo 13 de novembro; 16:30 h.
Saída de Baio ás 14:45 horas.
Campo: A Rocheira (Coristanco).
Árbitro: Aitor Maneiro Santos.


XUVENIL: C.D. BAIO – CABANA S.D.

Despois da vitoria colleitada en Carballo ante o Sofán SD na primeira xornada da segunda volta, visita o Platas Reinoso o Cabana SD. Un equipo que gañou por 2-0 o partido da primeira volta, nun choque bastante igualado que se decantou do lado local por pequenos detalles. O conxunto cabanés foi de menos a máis e agora mesmo enganchouse aos postos altos da clasificación tras gañar os cinco últimos partidos, polo que virá a Baio a seguir sumando para alcanzar algún dos tres primeiros postos. Para evitar iso o Baio debe xogar concentrado como fixo no último encontro, buscando facerlles dano aos cabaneses coa calidade que ten na parte dianteira.

XUVENIL (1ª Autonómica – Grupo 3º)
C.D. BAIO – CABANA S.D.
Sábado 12 de novembro; 16:15 horas
Campo: Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Juan J. Espiñeira Vara.


No hay comentarios:

Publicar un comentario