VISITANDO A NOSA "BESTA NEGRA"
A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1784
|
688
|
410
|
686
|
2936
|
2989
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1558
|
595
|
354
|
609
|
2498
|
2623
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
800
|
312
|
155
|
333
|
1449
|
1536
|
Esta
fin de semana toca visita a un dos grandes clubs costeiros, o
Camariñas FC, que disputa a súa temporada 40ª de maneira
consecutiva, o que o converte no 12º equipo que máis temporadas
participou, pero sobe ata o 8º posto en número total de partidos
ligueiros (1278). Desas catro decenas de campañas, 3 foron na
Preferente, 12 na 1ª Rexional provincial ou semiprovincial e as
outras 25 na Liga da Costa (o 16º nesta clasificación), na que
disputou 716 partidos (15º). Nestes anos colleitou un bo feixe de
títulos, como 5 Ligas da Costa (78-79, 79-80, 87-88, 91-92 e 03-04)
e 2 Copas da Costa (93-94 e 94-95), chegando outras dúas veces á
final da Copa (80-81 e 86-87). Estas son as súas estatísticas
ligueiras ata o momento actual:
CAMARIÑAS
F.C.
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1278
|
581
|
270
|
427
|
2357
|
1924
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
716
|
377
|
152
|
187
|
1474
|
918
|
Crónica de JMF (La Voz de Galicia) da 1ª vitoria baiesa en Camariñas |
A
pesar dos moitos anos que levan competindo, o Baio e o Camariñas
coinciden este ano por 15ª vez no mesmo grupo, 11 delas na Liga da
Costa, tres na 1ª Rexional/Autonómica e outra na Preferente. O
primeiro enfrontamento entre eles tivo lugar no Balsiño o 29 de
xaneiro de 1978 (con empate 3-3), mentres que o primeiro xogado en
Camariñas foi o 2 de abril dese ano, con vitoria local (1-0). Pódese
dicir que o equipo camariñán é a besta negra do CD Baio, pois é
co club que peores estatísticas ten. De feito, o Baio non conseguiu
gañar ata o 14º enfrontamento, e foi precisamente no Hermanas
Patiño, na temporada 94-95, na 1ª Rexional Provincial na que o Baio
se proclamara campión. O resultado fora 1-2, o mesmo que se deu na
2010-11, que foi a segunda e última vez que gañou o Baio en
Camariñas (e tan só empatou outra, na 90-91: 2-2). Se miramos os
datos, os resultados dos partidos en Baio pouco melloran para o
conxunto baiés. O último enfrontamento data da temporada 13-14, na
1ª Autonómica semiprovincial, con empate no Platas Reinoso (1-1)
-na 1ª volta, o Camariñas gañara 2-0-.
Enfrontamentos
Totais
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
28
|
04
|
05
|
19
|
28
|
58
|
Xogados
en Camariñas
|
|||||
14
|
02
|
01
|
11
|
11
|
32
|
O
partido do domingo
11 do Camariñas ante o Ponteceso [FB Ponteceso SD] |
O
Camariñas presenta un cadro de xogadores moi novo, iso si, baixo a
experiencia do veterano Moriño, unha institución xa no equipo
camariñán. Xunto a el continúan os Sergi, Nico, Soule ou o
goleador Yuyo (autor a temporada pasada de 33 goles), e tamén Javier
Antelo, que regresou a finais da campaña anterior logo do seu paso
polo Dumbría Xuvenil. Este ano uníronse ao proxecto que dirixe
Ángel Insua 'Rosquilleiro' varias fichaxes, como o porteiro Álvaro
(Camelle), os chegados do Porteño Gaby e Carlos, do Dumbría Xuvenil
retornou Maikel e para a dianteira volveu Nazo (Soneira), sen
esquecernos de David Pasantes, este ano xa sénior. Xunto a eles
varios xuvenís son sempre parte das convocatorias, con importante
presenza dalgúns deles, como os Pablos -Suárez e Mouzo- e o
goleador Brandón.
Actualmente
ocupa o 7º posto na clasificación, con nove puntos, conseguidos de
tres vitorias: en Laxe, e na casa ante Baíñas e a goleada ante o
Ponteceso; as tres derrotas viñeron na casa co Cerqueda e nos seus
desprazamentos a Berdillo e Malpica. Marcou un total de 14 goles,
repartidos entre Yuyo (4), Brandón e Nazo (3), e Maikel e David (2),
e encaixou 10 (encaixou algún en todos os encontros).
O Baio, cunhas estatísticas
goleadoras similares (encaixou os mesmos goles, pero marcou tres
máis), ten unha boa pedra de toque para demostrar o seu potencial,
sempre influído por esa aliñación de astros que se parecen
conxurar na súa contra cando xoga contra o Camariñas. Agardemos que
as estatísticas sexan iso, meros números e que os rapaces de Pedro
poidan vir do Hermanas Patiño cun bo resultado.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
CAMARIÑAS
F.C. - C.D. BAIO
Domingo
16 de outubro; 17:00 h.
Saída
de Baio ás 15:15 horas.
Campo:
Hermanas Patiño (Camariñas).
Árbitro:
Xavier Pérez Pol.
XUVENIL:
PONTECESO S.D. - C.D. BAIO
Nova
xornada na Liga da Costa Xuvenil, na que o Baio se despraza ao
Pinguel na tarde do venres para enfrontarse ao Ponteceso, un dos
equipos que figuran nas posicións altas da táboa, e que a pasada
semana perdeu o liderato logo da súa derrota no derby en Corme.
Agardarán ao Baio con ganas de volver á senda do triunfo, pero
tamén os baieses necesitan dar un golpe na mesa e demostrar que o
visto ata o de agora non ten nada que ver coa capacidade deste
equipo. A dura derrota do sábado pasado ante o Pedreiras ten que
servir para a reacción dos xuvenís que dirixe Roberto Lozano e
loitar nun campo difícil por unha vitoria que melloraría a súa
situación anímica.
XUVENIL
(1ª Autonómica – Grupo 2º)
PONTECESO
S.D. - C.D. BAIO
Venres
14 de outubro; 19:30 horas
Saída
de Baio ás 18:15 horas.
Campo:
O Pinguel (Ponteceso).
Árbitro:
Felipe Gómez Otero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario