A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1786
|
686
|
415
|
685
|
2916
|
2975
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1564
|
595
|
360
|
609
|
2487
|
2613
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
802
|
313
|
155
|
334
|
1455
|
1540
|
A última visita a Castriz do Baio foi na 12-13 [Foto: S. Díaz] |
Este
vindeiro domingo o CD Baio vai desprazarse a terras xalleiras para
enfrontarse á SD Castriz. Un club este que se fundou en 1992, polo
que celebra na actual a súa 25ª temporada, o que o coloca entre os
clubs costeiros no posto 30º, tanto en número de campañas en
activo como en partidos xogados. Das 25, unha delas foi na 1ª
Rexional provincial, 2 na 3ª Rexional e as outras 22 na Liga da
Costa (é o 21º club en temporadas disputadas nesta competición, e
o 20º por partidos xogados). O seu maior éxito veu co título da
Liga da Costa na temporada 1999-2000 e o seu ascenso á 1ª Rexional;
na Copa da Costa tivo boas actuacións, chegando a disputar dúas
finais: na 05-06 co Sp. Zas e na 10-11 co Soneira. Estas son as súas
estatísticas ligueiras ata o momento actual:
S.D.
CASTRIZ
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
721
|
364
|
138
|
269
|
1261
|
1049
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
645
|
325
|
131
|
239
|
1092
|
927
|
Desas
25 temporadas que leva competindo o Castriz, a actual é a décima
vez que coincide no mesmo grupo co CD Baio. Das 9 anteriores, 8 foran
na Liga da Costa e a outra na 1ª Rexional. O primeiro enfrontamento
data do 7 de novembro de 1993, no Platas Reinoso, con vitoria baiesa
(4-0); mentres que o primeiro partido en terras xalleiras foi o 13 de
febreiro de 1994, tamén con triunfo do Baio (1-3). Terían que pasar
uns anos ata a seguinte vez que se encontraron, e foi na 1ª
Rexional, con vitoria baiesa nos dous encontros polo mesmo resultado
(3-1). Ata o descenso do Baio desa categoría non houbo máis
enfrontamentos, que deron sete temporadas seguidas. Nas catro
primeiras o Castriz gañou no seu campo, pero nas tres últimas o
Baio conseguiu puntuar (dúas vitorias e un empate). A última visita
a San Pedro foi na 12-13, e rematou cun claro 1-3, con goles de Jorge
(2) e Norberto.
As
estatísticas globais son favorables ao Baio, aínda que estas
pasaron por varias épocas, pois se nos primeiros enfrontamentos o
balance era claramente aos baieses, os xalleiros conseguiron igualalo
nas catro temporadas seguintes, para torcerse de novo a favor do Baio
nas tres últimas. En canto aos partidos xogados en Castriz, o mesmo
se podería dicir, con estatísticas favorables aos baieses ao
principio, remontada dos xalleiros e logo dos últimos encontros
chegaron a unha igualdade case absoluta.
Enfrontamentos
Totais Liga
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
18
|
10
|
02
|
06
|
29
|
20
|
Xogados
en Castriz
|
|||||
09
|
04
|
01
|
04
|
16
|
15
|
O
partido do domingo
11 do Castriz no último partido en San Pedro [FB Ponteceso] |
Preséntase
o Castriz esta temporada case completamente renovado con respecto á
temporada pasada, pois perdeu a maior parte dos seus homes, algúns
de renome na Costa, caso de Álex Flores, David Agra, Uru ou Capelo,
que se foron para clubs de superior categoría. Do plantel que o ano
pasado quedou na 7ª posición na Liga da Costa, só continúan seis
homes: Álex, Gerpe, Martín, Mata, Miguel e Pastoriza. O ex-xogador
e ex-adestrador baiés, José Manuel Mata, segue esta temporada á
fronte do equipo, do que se fixo cargo nas últimas xornadas da
anterior. Como é lóxico incorporou un bo número de xogadores, ata
completar os 19 que conforman actualmente o plantel. Algúns viñeron
do seu equipo xuvenil ou do xuvenil do Sp. Zas, outros estaban sen
xogar e da Liga da Costa ficharon en Carnota (Nakata e Raúl) e en
Coristanco (Herrera).
Esta
renovación non fixo que o equipo sufrise nas primeiras xornadas para
acoplarse, senón todo o contrario, pois o Castriz sorprendeu a
propios e a estraños ao encaramarse no alto da clasificación logo
de gañar os tres primeiros partidos, empatar o cuarto e gañar
novamente o quinto. Un punto nas últimas tres xornadas fixo que
descendese ata a 6ª praza, pero a tiro de pedra da cabeza. No seu
campo conseguiu vencer a Corcubión, Cerqueda e Baíñas, mentres que
perdeu co Ponteceso (1-2) no seu último encontro en San Pedro. Fóra
da casa conseguiu golear na Ponte do Porto, saíu goleado de
Berdillo, e foi quen de empatar sen goles en Laxe e en Malpica a
semana pasada. Leva 15 goles a favor e 9 en contra, sendo Pablo
Landeira o seu máximo goleador con 4, seguido de Adrián con 3, e
Mata e Kevin con 2. Ata oito xogadores son practicamente fixos nas
aliñacións de Mata, con Herrera xogando máis que David Gerpe na
portería, Carlos, Álex, Adrián, Steven, Nakata, Pastoriza e Raúl
parecen de momento indiscutibles. Para os outros tres postos túrnanse
Rubén, Marcos, Martín, Mata e arriba Pablo Landeira e Kevin; Matías
e Luis son trocos case seguros en todos os partidos.
A seguridade defensiva do Castriz
(dos nove goles, catro foron en Berdillo), contrasta co poder
ofensivo do Baio, autor de 23 goles. O equipo baiés conseguiu
ademais deixar a súa porta a cero no partido da semana pasada co
Buño, algo que só sucedera nunha ocasión nesta liga. Agardemos que
a liña defensiva siga demostrando o seu nivel, e que os atacantes
estean atinados para traer unha vitoria do perigoso campo de San
Pedro.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
S.D.
CASTRIZ – C.D. BAIO
Domingo
30 de outubro; 17:00 h.
Saída
de Baio ás 15:15 horas.
Campo:
San Pedro (Xallas de Castriz).
Árbitro:
Diego Cedeira Méndez.
XUVENIL:
SP. ZAS – C.D. BAIO
Chega
o noso derbiño na última xornada da primeira volta, e faino logo
das boas sensacións que deixou o equipo xuvenil baiés a semana
pasada ante o Coristanco. Asentado na sexta praza da clasificación
visita o Baio ao Sporting Zas, que figura no sétimo posto, con seis
puntos colleitados en dúas vitorias ante Laxe e Sofán, e que vén
de perder nas tres últimas xornadas, a última delas en Corme (5-1).
O equipo zasense leva marcados case o dobre de goles que o baiés, un
total de 19, sendo Álvaro e Andrés, con 5, e Dani, con 3, os seus
máximos realizadores. Pola contra leva encaixados un total de 35, o
que o converte no segundo máis goleado do grupo.
Con
todo, faría moi ben o equipo baiés en non confiarse das
estatísticas, pois xa quedou demostrado no trofeo do Concello as
dificultades para gañarlle ao equipo local. Coa actitude mostrada
nas últimas datas seguro que os rapaces de Roberto van disputar o
partido coas ganas que deben.
XUVENIL
(1ª Autonómica – Grupo 3º)
SP.
ZAS – C.D. BAIO
Sábado
29 de outubro; 19:00 horas
Saída
de Baio ás 17:45 horas.
Campo:
San Andrés (Zas).
Árbitro:
Pedro Rodríguez Penas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario