A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS + COPAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1785
|
685
|
415
|
685
|
2912
|
2975
|
TOTAL
LIGAS
|
|||||
1563
|
594
|
360
|
609
|
2483
|
2613
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
801
|
312
|
155
|
334
|
1451
|
1540
|
Foto da última visita do Buño ao Platas Reinoso |
Reproducimos
arriba as estatísticas xa definitivas e cotexadas do CD Baio despois
de atopar graves erros nunha clasificación -da Preferente- tirada da
prensa. E ofrecémolos antes de recibir a un dos clásicos do fútbol
costeiro, o Buño SCD, que aínda que non disputou a primeira Liga da
Costa si que xa participou na primeira Copa da Costa. A partir de
aquí participou noutras 45 temporadas, non todas consecutivas, pois
deixou de xogar entre as campañas 71-72 á 74-75 e entre as 88-89 e
91-92. É, xa que logo, o 8º club en número de temporadas
disputadas (empatado co Corcubión), pero é 13º en número total de
partidos xogados. Desas 45 ligas, 11 foron na 3ª
Rexional/Autonómica, e as outras 34 foron na Liga da Costa, o que o
sitúa no 4º posto (tanto en temporadas como en partidos xogados)
entre os clubs que disputaron esta competición, por detrás de
Carnota, Ponteceso e Xallas. Os seus maiores éxitos acadounos nos
seus primeiros anos de vida, e así conserva nas súas vitrinas dúas
Ligas da Costa (68-69 e 78-79) e unha da 3ª Autonómica (09-10), e
dúas Copas da Costa (67-68 e 69-70), perdendo outras dúas finais
(64-65 e 77-78). Estas son as súas estatísticas ligueiras ata o
momento actual:
BUÑO
S.C.D.
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1140
|
469
|
234
|
435
|
2090
|
1939
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
870
|
329
|
179
|
362
|
1507
|
1596
|
Esta
é a 22ª temporada na que os dous clubs comparten grupo, todas elas
na Liga da Costa, desde que o 30 de maio de 1965 se enfrontaron por
vez primeira no Balsiño, con vitoria local (2-0). Os seus
enfrontamentos tiveron importantes paróns, como as nove temporadas
entre 82-83 e a 92-93 ou as doce entre as 93-94 e a 06-07, polos anos
desaparecido do equipo oleiro ou pola presenza do Baio en categorías
superiores. As estatísticas globais presentan unha igualdade entre
os partidos gañados e perdidos, pero non así no número de goles,
pois na historia do CD Baio figura o partido en Buño da temporada
68-69 como a súa maior derrota (13-1), e os oleiros aínda tiveron
máis que dicirlle ao pobre Pepe de Agosto por marcar o gol baiés
(de forte lanzamento desde campo propio), pois o Buño estábase
xogando a Liga co Muxía e cada gol podía ser decisivo.
Os
números en campo baiés xa son máis favorables, como é normal, ao
equipo local, aínda que tampouco son moi superiores. Abonde dicir
que das súas últimas cinco visitas (as celebradas neste século), o
equipo oleiro puntuou en tres delas (dúas vitorias e un empate). O
seu último enfrontamento en Baio, na campaña 12-13, acabou coa
sorprendente vitoria visitante por 2-3. O Baio tomaría o desquite na
segunda volta e gañaría en Xaviña (0-1), na que foi a última vez
que coincidiron.
Enfrontamentos
Totais
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
42
|
17
|
07
|
18
|
70
|
96
|
Xogados
en Baio
|
|||||
21
|
11
|
02
|
08
|
47
|
40
|
O
partido do domingo
O
Buño preséntase medianamente renovado con respecto á temporada
pasada, no que quizais a súa principal figura é o seu adestrador
Mauro García, ex-xogador de Compostela e Celta na 1ª División, e
que dirixe o club oleiro desde mediada a campaña pasada. No plantel
continúan clásicos xogadores oleiros, como o porteiro Toni, ou os
Emilio, Richard, Miguel Dourado e os irmáns Calvete, logo de que
Jorge retornase desde o Baíñas. Non estará o seu histórico
goleador, Víctor Vilar, retirado ao final da temporada pasada
despois de tres lustros marcando goles para o Buño.
11 do Buño no Pinguel hai quince días [Foto:FB Ponteceso] |
Ocupa
actualmente o 11º posto, con 9 puntos, colleitados en tres vitorias
(na casa fronte a Laxe e San Lorenzo e fóra fronte ao Baíñas),
mentres que perdeu os outro catro (na casa con Porteño e Malpica, e
fóra con Cerqueda e Ponteceso). As súas estatísticas mostran que
perdeu os dous primeiros, gañou os tres seguintes e volveu caer nos
dous últimos, aínda que estes foron pola mínima e nos últimos
minutos, e ademais en encontros de máxima rivalidade ante Ponteceso
e Malpica. O equipo oleiro marcou 11 goles e recibiu 12, sendo Martín
o seu máximo realizador con 4, seguido de Richard e Dani Calvete con
2.
Curiosamente
o Baio recibiu máis goles en contra a pesar da súa mellor
clasificación, dato negativo que contrastra co seu poder realizador,
a pesar das baixas nas últimas semanas de Javi Suárez e Christian.
A recuperación do "killer
de Quintáns" pode dar novas perspectivas ao ataque baiés para
impoñerse este domingo no Platas Reinoso a un perigoso Buño.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.D.
BAIO – BUÑO S.C.D.
Domingo
23 de outubro; 16:30 h.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Alejandro Gesto Moral.
XUVENIL:
C.D. BAIO – CORISTANCO S.D.
Penúltima
xornada da primeira volta, e nela o Baio Xuvenil recibe a un dos
galiños do grupo, o Coristanco. O equipo pataqueiro leva unha boa
traxectoria, refrendada en bos resultados como o acadado a semana
pasada ante o perigoso Corme (4-0). Mantense invicto na segunda
posición, pois só permitiu dous empates, e destaca polo seu poder
realizador, con 31 goles en 7 partidos (o seu dianteiro Diego leva 12
tantos), o que contrasta cos datos do Baio, que con tan só 8 goles é
o menos efectivo de cara a gol do grupo. Un Baio parece que mellorou
en actitude e xogo a pasada xornada en Ponteceso, e seguindo nesa
liña han de chegar os resultados. Esperemos que sexa xa nesta
xornada ante o Coristanco.
XUVENIL
(1ª Autonómica – Grupo 3º)
C.D.
BAIO – CORISTANCO S.D.
Sábado
22 de outubro; 16:30 horas
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro:
Noé Giráldez Teixeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario