O PARTIDO 800 DO CD BAIO NA LIGA DA COSTA
A
Historia
C.D.
BAIO
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1557
|
594
|
354
|
609
|
2495
|
2622
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
799
|
311
|
155
|
333
|
1446
|
1535
|
Chega
este domingo o partido número 800 do CD Baio na Liga da Costa
(recordando que recoñecemos por tal a actual 2ª Galicia, antes 2ª
Autonómica/Rexional, con excepción das temporadas 86-87 á 90-91
que se correspondía coa 1ª Rexional). O CD Baio é o 5º equipo que
máis temporadas participou nesta competición (empatado co UC Cee),
mais por número de partidos ocupa o 9º posto, a só 2 e 3 partidos
de Cee e Malpica, respectivamente, que acaban tamén hai escasas
xornadas de alcanzar esa cifra redonda dos 800, pero lonxe dos 1224
do UD Carnota, que é o club que lidera esta clasificación e
liderará durante moitos anos (o Ponteceso, segundo, leva 931
encontros). No cadro de arriba podedes ler as estatísticas do equipo
baiés na Liga da Costa, e tamén na totalidade das outras ligas nas
que participou.
A Esteirana visita este domingo de novo o Platas Reinoso |
O
rival deste encontro especial vai ser un equipo con soleira dentro da
Costa, a SCRD Esteirana, que disputa este ano a súa temporada 46ª
desde que se fundara en 1971, o que o converten no 7º equipo en
número de temporadas, e o 11º en número de partidos no global de
todas as ligas. Desas 46, 16 foron na 3ª Rexional, 3 na 1ª (unha na
biprovincial e dúas na semiprovincial) e as 27 restantes na Liga da
Costa. Os números nesta última competición sitúano no posto 11º
en canto a temporadas disputadas, e no 14º en partidos xogados. Os
seus maiores éxitos veñen dados por dúas Ligas da Costa (77-78 e
12-13) e unha Copa da Costa (74-75). Estas son as súas estatísticas
ligueiras ata o momento actual:
S.C.R.D.
ESTEIRANA
|
|||||
TOTAL
LIGAS
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
|
P.
E.
|
P.
P.
|
G.
F.
|
G.
C.
|
1187
|
518
|
217
|
452
|
2372
|
2167
|
LIGA
DA COSTA
|
|||||
723
|
309
|
132
|
282
|
1410
|
1363
|
A
pesar dos moitos anos que levan competindo, o Baio e a Esteirana
coinciden este ano por 15ª vez no mesmo grupo competicional, 13
deles na Liga da Costa, e os outros dous -os últimos- na 1ª
Autonómica. O primeiro enfrontamento tivo lugar en Esteiro o 27 de
febreiro de 1972 (2-4 para o Baio), e o primeiro en Baio foi no
Balsiño o 20 de abril dese mesmo ano (1-0 para os locais). Cadraron
os dous nesta primeira campaña da Esteirana e nas cinco seguintes, e
logo habería que agardar ata a gloriosa -para o Baio- temporada
82-83 para que coincidisen de novo; pero máis houbo que agardar para
novos enfrontamentos, pois ata a 2007-08 non houbo confrontación
ligueira. A partir de aquí seis temporadas máis, a última delas a
14-15, cos dous clubs na 1ª Autonómica semiprovincial, sendo o
último partido disputado o celebrado no Platas Reinoso, con vitoria
baiesa (1-0).
Se
lles botades un ollo ás estatísticas do cadro de abaixo,
comprobaredes que nos enfrontamentos totais entre os dous equipo
están bastante igualadas, mais no que se refire aos partidos
disputados en terreo baiés, a vantaxe local é clara, e nos últimos
sete partidos no Platas Reinoso gañou seis (perdeu 0-1 na 10-11).
Enfrontamentos
Totais
|
|||||
P.
X.
|
P.
G.
CD
Baio
|
P.
E.
|
P.
P.
CD
Baio
|
G.
F.
CD
Baio
|
G.
C.
CD
Baio
|
28
|
13
|
03
|
12
|
55
|
56
|
Xogados
en Baio
|
|||||
14
|
09
|
01
|
04
|
35
|
20
|
O
partido do domingo
Unha
renovación case total a que sufriu o equipo esteirán desde que
coincidimos hai dúas temporadas na categoría superior. Daquel
plantel tan só quedan uns cantos coñecidos, como Damián Suízo,
Álex, Martín, Codesido ou Simón, ademais do míster Javier
Lodeiro, que durante uns meses tamén adestrou o Baio. Moita xente
nova nun cadro de xogadores escaso, pois tan só conta con 14 fichas
de afeccionado, todos eles xa no club a temporada pasada (a única
"incorporación" é Rafa, que deixou de ser xuvenil este
ano). Evidentemente completa Lodeiro as súas convocatorias con
rapaces do xuvenil, algún deles con moito protagonismo, como é o
caso de Jaime ou Íker.
Equipo da Esteirana que gañou no Pinguel [FB Ponteceso] |
Na
actualidade a Esteirana ocupa o 9º posto na táboa clasificatoria,
con 7 puntos sumados grazas ás súas vitorias fronte a Laxe e
Ponteceso, e o empate colleitado co Malpica a semana pasada. Acusado
de baixar o seu rendemento lonxe do Xosé Luís Vara, o triunfo no
Pinguel hai dúas semanas vén confirmar que tamén pode ser perigoso
como visitante, pois a ilusión dos novos dálle alas ao equipo.
Encaixou nestes cinco partidos 11 goles e marcou un total de 10,
repartidos do seguinte xeito: con 2 Álex e Adrián, e con 1 Martín,
Pablo Rama, Eloy, Íker, Jaime e outro en propia meta. Polo tanto,
nos seus encontros vense goles, pois a Esteirana marcou en todos os
partidos e tan só o Ponteceso non foi quen de marcarlle.
Polo tanto, o partido co Baio,
equipo tamén goleador, aínda que o pasado domingo só anotase un,
promete ser entretido, con dous equipos buscando a porta rival. O
cadro baiés non debe confiarse logo dos bos resultados acadados con
equipos dos chamados importantes, e poñer toda a carne na grella,
para que non se indixeste esta Esteirana con pel de cordeiro.
Agardemos que poidan ir recuperándose os mancados Javi Suárez,
Martín MC e Recarey, para que o míster poida dispoñer do maior
número de efectivos para que o partido 800 do Baio teña un final
feliz.
SEGUNDA
GALICIA (GRUPO 2º)
C.D.
BAIO – S.C.R.D. ESTEIRANA
Domingo
9 de outubro; 17:30 h.
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Iván Miño Rojas.
XUVENIL:
C.D. BAIO – C.F. PEDREIRAS XUVENIL
Na
Liga da Costa Xuvenil visita o Platas Reinoso o Pedreiras Xuvenil,
equipo de Berdillo que fai as veces do equipo de base do San Lorenzo,
aínda que por asuntos burocráticos non o poida ser e oficialmente
sexa un club independente. O caso é que o cadro berdillés é
actualmente o colíder do grupo, empatado co Ponteceso, e con
maneiras de equipo candidato a proclamarse campión, aínda que queda
moita liga. Boa mostra diso deu no amigable disputado en Baio, que
despois refrendou neste inicio ligueiro, no que gañou catro partidos
e empatou o derby co Sofán. Xa que logo, é un equipo temible, pero
tamén é certo que os xogadores baieses se crecen cos rivais a
priori máis fortes e desaparecen cos máis propicios, como tivemos
ocasión de comprobar nestas dúas últimas xornadas. Agardemos que
os rapaces volvan ás sensación amosadas en Corme e brinden aos seus
afeccionados un bo partido. Nin que dicir ten que unha vitoria baiesa
engancharía o equipo nos postos altos, mentres que unha derrota
afastaría o equipo carballés en moitos puntos na táboa
clasificatoria.
XUVENIL
(1ª Galicia – Grupo 2º)
C.D.
BAIO – C.F. PEDREIRAS XUVENIL
Sábado
8 de outubro; 17:30 horas
Campo:
Platas Reinoso (Baio).
Árbitro: Raniel Lucas Galvao Pimentel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario